CONTACTA: 981 582 836
Verbena Galega
  • QUE É?
  • CONFIGURA A TUA VERBENA
  • IMAXES
  • BLOG
  • PRENSA
  • CONTACTA

VERBENA GALEGA de FINDANO _ PZA OBRADOIRO

20/8/2015

0 Comentarios

 
Para despedir este 2015 imos montar unha festa no Obradoiro, das de sempre, como nunca a viches! Desde as 23,15 horas, teremos unha noite de música e baile en galego e de festa tradicional e moderna ao tempo, facendo unha parada para as badaladas e as uvas con conexión en directo da TVG, e presentada por Isabel Risco. A entrada é libre e de balde!
A festa arrinca c'Os d'Abaixo, sete músicos da comarca compostelá que recollen pezas tradicionais e teñen outras propias para que botemos a bailar. 
Para recibir o 2016, uns imprescindibles das nosas noites de verbena: O Sonoro Maxín farán estourar a festa tropical que traen desde o corazón de Ourense, cargada de ritmos cálidos.
E como peche, o picadiscos máis festeiro de Compostela: Bigote Mix manteranos en pé ata o chocolate con churros / sopas de allo coa súa selección musical.
O mellor plan para abrazar o 2016!
Imagen

A Verbena Galega chega este venres á Feira Artemar de Riveira ​

​Este venres 21 de agosto temos a Verbena Galega na Feira Artemar de Riveira. O espectáculo comeza a partir das 22:00 horas no Palco de Pedra do paseo do Malecón. Nesta noite de Verbena Galega en Riveira contamos coas seguintes actuacións para unha noite inesquecible:

Presentan: Os Sete Magníficos Máis Un
ACTÚAN: Caxade e Ulträqäns
Imagen
0 Comentarios

A Verbena Galega, en Ordes o luns 17 de agosto

14/8/2015

0 Comentarios

 
Este luns 17de agosto temos a Verbena Galega na Alameda de Ordes a partir das 22:00 horas. Nesta noite na que pechamos unha xira da fin de semana das mil festas que nos levou á Coruña e a Tui, a Verbena Galega conta cos seguintes artistas:

Presenta: Isabel Risco
ACTÚAN: Ritmo Galego e O Sonoro Maxín


Ven vivir con nós a festa de sempre como nunca a viches!
Imagen
0 Comentarios

A Verbena Galega chega o 14 de agosto ao Paseo Marítimo da Coruña

11/8/2015

1 Comentario

 
Este venres 14 de agosto temos a Verbena Galega no Paseo Marítimo da Coruña ás 23:30 horas. Nesta noite das Festas de María Pita a Verbena Galega conta cos seguintes artistas:

Presentan: Isabel Risco
ACTÚAN: Coanhadeira e O Sonoro Maxín
Peche de Festa: Sesión de picadiscos en galego con Nonito Pereira

Un total de 5 h de música no que pasarán 2 bandas, 1 picadiscos e a presentación dunha grande do humor. Ven vivir con nós a festa de sempre como nunca a viches!

NOTA: O horario que figura no cartaz variou. O espectáculo é ás 23:30 horas
Imagen
1 Comentario

A Verbena Galega, nas festas do San Bieito de Allariz (11 de xullo)

7/7/2015

0 Comentarios

 
A Verbena Galega chega esta fin de semana ata Allariz para amenizar as festas do San Bieito da localidade ourensá, nas que sobresae a tradicional presenza dos xigantes e cabezudos. Na edición de 2015 para que a noite do sábado 11 sexa inesquecible a Verbena Galega conta con:

Presentan: Os Sete Magníficos Máis Un
ACTÚAN: Coanhadeira e O Sonoro Maxín
Peche de Festa: Sesión de picadiscos en galego con Superbombo

Un total de 5 h de música no que pasarán 2 bandas, 1 picadiscos e a presentación de dous grandes do humor no teatro e a televisión. A festa somos nós!
Imagen
0 Comentarios

A Varbena Galega volve a Ribeira (22 agosto)

22/8/2014

0 Comentarios

 
A Verbena Galega volve pasar este ano por Ribeira, nesta ocasión cun cartel cheo de calidade e boa festa no Paseo do Malecón inaugurando a Feira Artemar dende as 22h:

Presenta: LUIS IGLESIA
ACTÚAN: Coanhadeira e Os Cuchufellos
Peche de Festa: Picadiscos en Galego


Un total de 5 h de música no que pasarán 2 bandas, 1 picadiscos e a presentación dun dos grandes da gran pantalla, Luis Iglesia.
Imagen
0 Comentarios

O 26 de xullo en Xeve (Po) - por 2º ano consecutivo

26/7/2014

0 Comentarios

 
A Verbena Galega volta a ser a aposta para a com ición de Festas de san Andrés de Xeve, que como cada an organizan o Festixeve, cita ineludible. Nesta ocasión contaremos coa presencia de:
     *Presentadores: O gordo e o Calvo (Humoristas do Luar)
     *Malvela
     *O Sonoro Maxín
     *Picadiscos: Superbombo"
Serán 5 horas de música e festa en galego, bo humor e toda a alegría da festa de sempre como nunca a viches!!!

Imagen
0 Comentarios

25 de xullo - en Mera (Oleiros)

23/7/2014

0 Comentarios

 
O 25 de Xullo a verbena Galega viaxa ata Mera (Oleiros) cargadiña de boa música e millor festa!!!
Nas festas de Santa Ana en Mera daranse cita 3 grandes nomes da música Galega:
*Vaamonde, Lamas e Romero
*Os Cempés
*O Sonoro Maxín
Xa está todo listo para que o público sexa o grande protagonista co seu baile e a súa alegría
22h
Imagen
0 Comentarios

Estreamos Verbena Galega 2014 en Culleredo - 17 de maio

6/5/2014

1 Comentario

 
Imagen
1 Comentario

Volve a Verbena Galega! 

14/3/2014

0 Comentarios

 
Estreamos a temporada 2014 da meirande produción móbil con música galega dos últimos tempos.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras, regresa o grande escenario da Verbena aos torreiros. 

Con novidades, con máis gañas que nunca, con repertorios e grupos novos, con moitísimas combinacións de grupos posibles, con teatro, con presentadores e presentadoras, con pasarrúas, con picadiscos, con máis de 5 horas de música e baile para que a festa non pare.

Ao igual que na temporada pasada, a Verbena Galega estrea andadura o Día das Letras, se ben, desta volta a cita non será en Lugo, senón nunha localidade da provincia da Coruña. Logo iremos dando todos os detalles para que veciñas, veciños e todas aquelas que queiran achegarse poidan gozar da “Festa de sempre como nunca a viches”.

Non o dubidedes e contratade xa a vosa Verbena Galega. Aquí podedes configurala ao voso gusto 
0 Comentarios

SERMOS fala da Verbena Galega que faremos mañá en Xeve. Graciñas a Sermos!!!

30/7/2013

0 Comentarios

 
Podedes ler a nova neste ENLACE
0 Comentarios
<<Anterior

    Archivos

    Agosto 2015
    Julio 2015
    Agosto 2014
    Julio 2014
    Mayo 2014
    Marzo 2014
    Julio 2013

    Categorías

    Todos
    Lugo
    Mera (Oleiros)
    Pandeiromus
    Ribeira
    Verbena Galega

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.