CONTACTA: 981 582 836
Verbena Galega
  • QUE É?
  • CONFIGURA A TUA VERBENA
  • IMAXES
  • BLOG
  • PRENSA
  • CONTACTA

VERBENA GALEGA de FINDANO _ PZA OBRADOIRO

20/8/2015

0 Comentarios

 
Para despedir este 2015 imos montar unha festa no Obradoiro, das de sempre, como nunca a viches! Desde as 23,15 horas, teremos unha noite de música e baile en galego e de festa tradicional e moderna ao tempo, facendo unha parada para as badaladas e as uvas con conexión en directo da TVG, e presentada por Isabel Risco. A entrada é libre e de balde!
A festa arrinca c'Os d'Abaixo, sete músicos da comarca compostelá que recollen pezas tradicionais e teñen outras propias para que botemos a bailar. 
Para recibir o 2016, uns imprescindibles das nosas noites de verbena: O Sonoro Maxín farán estourar a festa tropical que traen desde o corazón de Ourense, cargada de ritmos cálidos.
E como peche, o picadiscos máis festeiro de Compostela: Bigote Mix manteranos en pé ata o chocolate con churros / sopas de allo coa súa selección musical.
O mellor plan para abrazar o 2016!
Imagen

A Verbena Galega chega este venres á Feira Artemar de Riveira ​

​Este venres 21 de agosto temos a Verbena Galega na Feira Artemar de Riveira. O espectáculo comeza a partir das 22:00 horas no Palco de Pedra do paseo do Malecón. Nesta noite de Verbena Galega en Riveira contamos coas seguintes actuacións para unha noite inesquecible:

Presentan: Os Sete Magníficos Máis Un
ACTÚAN: Caxade e Ulträqäns
Imagen
0 Comentarios

A Verbena Galega, en Ordes o luns 17 de agosto

14/8/2015

0 Comentarios

 
Este luns 17de agosto temos a Verbena Galega na Alameda de Ordes a partir das 22:00 horas. Nesta noite na que pechamos unha xira da fin de semana das mil festas que nos levou á Coruña e a Tui, a Verbena Galega conta cos seguintes artistas:

Presenta: Isabel Risco
ACTÚAN: Ritmo Galego e O Sonoro Maxín


Ven vivir con nós a festa de sempre como nunca a viches!
Imagen
0 Comentarios

A Verbena Galega chega o 14 de agosto ao Paseo Marítimo da Coruña

11/8/2015

1 Comentario

 
Este venres 14 de agosto temos a Verbena Galega no Paseo Marítimo da Coruña ás 23:30 horas. Nesta noite das Festas de María Pita a Verbena Galega conta cos seguintes artistas:

Presentan: Isabel Risco
ACTÚAN: Coanhadeira e O Sonoro Maxín
Peche de Festa: Sesión de picadiscos en galego con Nonito Pereira

Un total de 5 h de música no que pasarán 2 bandas, 1 picadiscos e a presentación dunha grande do humor. Ven vivir con nós a festa de sempre como nunca a viches!

NOTA: O horario que figura no cartaz variou. O espectáculo é ás 23:30 horas
Imagen
1 Comentario

    Archivos

    Agosto 2015
    Julio 2015
    Agosto 2014
    Julio 2014
    Mayo 2014
    Marzo 2014
    Julio 2013

    Categorías

    Todos
    Lugo
    Mera (Oleiros)
    Pandeiromus
    Ribeira
    Verbena Galega

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.