Estreamos a temporada 2014 da meirande produción móbil con música galega dos últimos tempos.
O vindeiro 17 de maio, Día das Letras, regresa o grande escenario da Verbena aos torreiros.
Con novidades, con máis gañas que nunca, con repertorios e grupos novos, con moitísimas combinacións de grupos posibles, con teatro, con presentadores e presentadoras, con pasarrúas, con picadiscos, con máis de 5 horas de música e baile para que a festa non pare.
Ao igual que na temporada pasada, a Verbena Galega estrea andadura o Día das Letras, se ben, desta volta a cita non será en Lugo, senón nunha localidade da provincia da Coruña. Logo iremos dando todos os detalles para que veciñas, veciños e todas aquelas que queiran achegarse poidan gozar da “Festa de sempre como nunca a viches”.
Non o dubidedes e contratade xa a vosa Verbena Galega. Aquí podedes configurala ao voso gusto